lunes, 25 de abril de 2011

O fósil de réptil máis antigo


Con este post inauguro unha serie sobre "récords" paleontolóxicos. Neste caso, tal como di o título, tócalle ao lagartiño que vedes na imaxe, bautizado pola ciencia como Hylonomus lyelli (o noso amigo Charles Lyell estaría encantado con esta homenaxe) e que habitou o continente Panxea hai 312 millóns de anos (período carbonífero). A importancia deste fósil é evidente xa que os réptiles son os primeiros vertebrados verdadeiramente terrestres, é dicir con pel seca e impermeable, respiración exclusivamente pulmonar e con ovos amniotas que lles permitiron independizarse das masas de auga para ter descendencia. A posterior diversificación do primitivo tronco reptiliano deu lugar a todos os demáis vertebrados terrestres incluidos dinosauros,mamíferos e aves.

No hay comentarios:

Publicar un comentario