Chamámoslle planeta extrasolar ou exoplaneta a un planeta que orbita unha estrela diferente ó Sol, é dicir, que non pertence ao Sistema Solar.
Reportaxe, un supertelescopio en Chile proporciona imaxes de exoplanetas:
http://www.antena3noticias.com/PortalA3N/promocion/supertelescopio-Chile-proporciona-imagenes-exoplanetas/8680943_21
Outra reportaxe en " El Mundo", exoplanetas a moreas:
http://www.elmundo.es/elmundo/2009/10/19/cosmos/1255969285.html
martes, 27 de octubre de 2009
lunes, 26 de octubre de 2009
Un fito na historia da humanidade
O 21 de xullo de 1969 o astronauta norteamericano Neil Amstrong pisou o chan da Lúa. Foi a primeira vez que un ser humano puxo o seu pé nun mundo distinto á Terra. Corenta anos despois lembramos a fazaña da misión Apollo 11 ,e aínda que posteriormente houbo outras misións tripuladas, case ninguén fala delas. Premede aquí para ver unha reportaxe animada da misión.
miércoles, 7 de octubre de 2009
James Lovelock en Compostela
Onte tiven a sorte de asistir a conferencia "Cambio climático nun planeta vivente", impartida polo pai da teoría "Gaia" en Santiago de Compostela. Antes da charla foille entregado o Premio Fonseca, galardón que recoñece os seus méritos como comunicador da Ciencia. Despois de escoitalo teño aínda máis claro que, se queremos ter un futuro é imprescindible que todos os cidadáns coñezamos como funciona o planeta .
Que tal se buscades algo sobre a súa biografía e sobre a teoría Gaia?
Déixovos aquí e aquí as referencias á visita deste ilustre científico que publican algúns xornais. Fixádevos tamén nas diferencias enre ambas reportaxes... que aspectos recalca cada unha?
Que tal se buscades algo sobre a súa biografía e sobre a teoría Gaia?
Déixovos aquí e aquí as referencias á visita deste ilustre científico que publican algúns xornais. Fixádevos tamén nas diferencias enre ambas reportaxes... que aspectos recalca cada unha?
lunes, 5 de octubre de 2009
Benvida
Este blogue nace hoxe para que os alumnos da materia de Xeoloxía do IES Auga da Laxe fagades as vosas colaboracións. Animádevos a escribir e publicar os vosos traballos!
E para empezar , poñédevos os anteollos de xeólogo e fixádevos na foto...
Que é o que vedes? Hai algo que vos chame a atención?
Contestade nos comentarios!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)