miércoles, 29 de septiembre de 2010

Lecturas recomendadas



Aquí tedes as lecturas recomendadas para este curso. Algúns destes libros están na biblioteca do instituto e é posible que próximamente estean tamén na biblioteca municipal de Gondomar (achegádevos ata alí de vez en cando para preguntar).


Las huellas de la vida (ficción). Dispoñible na biblioteca do instituto



La vida, una biografía no autorizada. Dispoñible na biblioteca do instituto

Biografía de la Tierra. Dispoñible na biblioteca do instituto


Poñémonos a andar

Comeza o curso 2010-2010 cunha boa nova: no IES Auga da Laxe de Gondomar hai alumnos de Xeoloxía de 2º de Bacharelato!
Este blogue é para facilitarvos o camiño por esta asignatura. Aquí atoparedes todo tipo de información, ligazóns , ferramentas e tarefas. Por suposto, tamén para que fagades as vosas aportacións e comentarios. Animádevos!
Como "aperitivos" aquí tedes un par de ligazóns que vos poden interesar para facer o exercicio sobre os intentos de determinar a idade da Terra previos ao descubrimento da radiactividade.
Un planeta con canas
Lord kelvin e a idade da Terra (post do curso pasado neste mesmo blog)