lunes, 25 de enero de 2010

Impactos



Impactos de asteroides, de cometas... Tiveron un importante papel na xénese dos planetas rochosos e dos seus satélites. Na Terra é posible que fosen un factor decisivo na evolución da vida, e mesmo da súa orixe. Foron os impactos cometarios os responsables de que a Terra teña tanta auga? , foron algúns dos corpos impactores os que trouxeron a vida á Terra dende outros mundos?, temos que estar preparados para un impacto catastrófico futuro?...
Podemos comezar buscando pegadas de impactos no noso planeta. Preme aquí para facer un "tour" na percura de cráteres por distintos continentes.