lunes, 22 de marzo de 2010

Paleoxeografía


Reconstruir a configuración dos continentes e océanos antigos é unha tarefa complexa. Require analizar e interpretar un sinfín de datos, que ás veces son fragmentarios e non están totalmente claros. Pero iso non é desculpa para non poñerse mans a obra. Premede na seguinte ligazón, para ver a multipremiada web de Chris Scotese. Un magnífico traballo, sen dúbida.

viernes, 19 de marzo de 2010

Impacto dun gran asteroide

Deixovos un video que atopei sobre as desastrosas consecuencias do impacto dun gran asteroide contra a Terra.
Aínda que xa cambiamos de tema na clase, penso que pode resultar interesante coñecer o que podería ocorrer no futuro.

miércoles, 17 de marzo de 2010

Supercontinentes

A maioría dos estudantes de secundaria coñecedes a Teoría da Deriva Continental, formulada a principios do século XX por Alfred Wegener. Segundo esta teoría, avalada por abrumadoras probas no rexistro xeolóxico, todas as masas continentais da actualidade xuntáronse nun único supercontinente hai uns 300 millóns de anos. Este supercontinente foi bautizado co nome de Panxea (toda a terra), e ao único gran océano que o bañaba déuselle o nome de Panthalassa(todo o mar).
Logo, no transcurso dos últimos 200 millóns de anos , Panxea foi disgregándose ; deste proceso naceron novos océanos , como o Atlántico ou o Índico, e conformáronse os continentes tal como están na actualidade.
Pero... foi Panxea o único supercontinente que existiu ao longo de toda a historia do noso planeta?. Se Panxea se formou a partir da colisión das masas continentais anteriores e despois volveu romper, non podería ter sucedido o mesmo máis dunha vez?. Pois semella que sí. Ao parecer os continentes executan constantemente unha danza na que se xuntan, sepáranse de novo, e vólvense xuntar unha e outra vez. Esta danza xeolóxica recibe o nome de "Ciclo do Supercontinente" ou "Ciclo de Wilson".
Rodinia, Nena, Pannotia, Ur, Gondwana, Columbia, Vaalbará, Kenorland... Estas sonoras verbas son nomes de supercontinentes antigos . Pero os continentes non paran, e os xeólogos tampouco; xa están a inventar nomes para os posibles supercontinentes do futuro : Panxea última, Novopanxea, Amasia...