lunes, 15 de noviembre de 2010

Gigantesco volcán submarino

-Nunca visto hasta ahora y descomunal -mide 3.000 metros de altura-, se sitúa entre los montes más altos del archipiélago.

Una expedición encabezada por científicos estadounidenses ha descubierto un volcán submarino de 3.000 metros de altura en las llanuras abisales entre Indonesia y Filipinas. El cono, cuya base se encuentra a 5.800 metros de profundidad bajo el nivel del mar, ha sido detectado gracias a un poderoso sistema de sonar y un vehículo automático dotado con un equipo de grabación de vídeo de alta definición.

"Éste es un volcán submarino enorme. El más alto de todos los montes de Indonesia, excepto por tres o cuatro picos", destacó el jefe del grupo, Jim Holden.
La expedición, busca realizar una primera exploración de las profundidades submarinas entre Filipinas e Indonesia, una zona apenas estudiada. Por el momento, se ha estudiado la orografía de unos 6.200 kilómetros cuadrados de fondo marino gracias a la tecnología norteamericana.

Las rocas más antiguas de la tierra



(Groenlandia es la zona en rojo)



Experimentos realizados por Nicolas Dauphas, de la University of Chicago, han confirmado la naturaleza de algunas rocas encontradas en Groenlandia, las cuales podrían poseer la primera evidencia de vida sobre la Tierra.

Los microfósiles más antiguos conocidos, procedentes de Australia y no menos controvertidos, son de hace más de 3.400 millones de años. Los científicos han desviado ahora su atención hacia Groenlandia, donde podría haber pistas de actividad biológica incluso más primitiva.


La controversia alrededor de las rocas de Groenlandia procede de los cambios que sufrieron a lo largo de la larga historia de la Tierra. En su enterramiento, fueron sometidas a altísimas presiones y temperaturas, que modificaron completamente su química y mineralogía. Los científicos encontraron problemas para determinar si eran ígneas o sedimentarias.



La cuestión quedó finalmente resuelta con el uso de un espectrómetro de masas de última generación, instalado en el Field Museum. Con él se midieron con una alta precisión los isótopos del hierro preservados en las rocas de la costa sudoeste de Groenlandia y de la isla Akilia. Las variaciones en tales isótopos nos informaron sobre el tipo de proceso que formó cada roca, otorgándoles un origen sedimentario.


Ahora que sabemos que las rocas son sedimentarias, falta averiguar si efectivamente contienen evidencias de vida primitiva o no. Las primeras pistas, aunque circunstanciales, dicen que sí.

lunes, 8 de noviembre de 2010

ORIXE DO METANO HAI 40.000 ANOS



Agora que estamos somerxidos nun cambio climático causado polo ser humano podemos, unha vez máis, botar a vista atrás no tempo e extraer leccións do pasado, aínda que o final non fagamos ningún caso.
Hai dous efectos que poden facer que o presente estado do quentamento global se acelere súbitamente. Un sería a liberación do metano polos claratos mariños debido o propio quentamentoento e outro a liberación dese mesmo gas por parte do permafrost ártico. O metano é un potente gas de efecto invernadoiro e, unha vez na atmosfera, aceleraría o quentamento até alcanzar un punto de equilibrio (e de non retorno) novo no que as temperaturas mundiais fosen máis altas (...) Premer aquí, para ver o artigo completo.

Escape de metano do subsolo mariño en zoas polares. Tras permanecer pechado en celdas de xeo (clatratos), o quentamento das augas ou os derrubamentos do fondo mariño costeiro o liberan o agua e a atmosfera. Estos escapes puideron ser enormes nalgúns periodos do pasado.

Estado liquido entre el manto y el núcleo de la tierra.

La frontera entre el manto de la Tierra y su núcleo se halla en una zona misteriosa, ubicada a una profundidad de 2.900 kilómetros bajo la superficie. Un equipo de geofísicos acaba de verificar que la fusión parcial del manto es posible en esta extraña región cuando la temperatura alcanza unos 3.900 grados centígrados.

Este descubrimiento refuerza la hipótesis de la presencia de un océano profundo de magma. Lo innovador de este trabajo, llevado a cabo por científicos del IMPMC (UPMC / Universidad de París Diderot / Instituto de Física del Globo / CNRS / IRD), consiste en el uso de difracción de rayos X en el Laboratorio Europeo de Radiación Sincrotrón, en Grenoble, Francia.

domingo, 3 de octubre de 2010

Snowball Earth


Atopei este artigo relacionado coa hipótese "Snowball Earth", sobre a que teredes que traballar neste primeiro trimestre de curso. Penso que pode ser un bo aperitivo para irvos familiarizando co tema. Premer aquí para ler o artigo.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Lecturas recomendadas



Aquí tedes as lecturas recomendadas para este curso. Algúns destes libros están na biblioteca do instituto e é posible que próximamente estean tamén na biblioteca municipal de Gondomar (achegádevos ata alí de vez en cando para preguntar).


Las huellas de la vida (ficción). Dispoñible na biblioteca do instituto



La vida, una biografía no autorizada. Dispoñible na biblioteca do instituto

Biografía de la Tierra. Dispoñible na biblioteca do instituto


Poñémonos a andar

Comeza o curso 2010-2010 cunha boa nova: no IES Auga da Laxe de Gondomar hai alumnos de Xeoloxía de 2º de Bacharelato!
Este blogue é para facilitarvos o camiño por esta asignatura. Aquí atoparedes todo tipo de información, ligazóns , ferramentas e tarefas. Por suposto, tamén para que fagades as vosas aportacións e comentarios. Animádevos!
Como "aperitivos" aquí tedes un par de ligazóns que vos poden interesar para facer o exercicio sobre os intentos de determinar a idade da Terra previos ao descubrimento da radiactividade.
Un planeta con canas
Lord kelvin e a idade da Terra (post do curso pasado neste mesmo blog)

domingo, 23 de mayo de 2010

Descóbrense os volcáns submariños máis profundos

O pasado 12 de abril unha expedición británica descubriu os volcáns subterráneos máis profundos coñecidos, a cinco kilómetros de profundidade na fosa das illas Caimán.
Aquí podedes ver un vídeo onde obsérvase unha das fisuras por onde brota auga a temperaturas moi elevadas, ata 400ºC.
Se queredes ler o artigo, podedes facelo aquí.

miércoles, 21 de abril de 2010

Jökulhlaup

Neste incrible video podedes ver a riada ("flash flood") causada pola erupción subglaciaria no Eyjafjallajökull o pasado 14 de abril. Este tipo de riadas poden ter nalgúns momentos caudais superiores aos do Amazonas.


domingo, 18 de abril de 2010

Erupción en Islandia II


Este mapa foi obtido da web do Instituto Islandés de Meteoroloxía. Nela aparece a localización do volcán Eyjafjöll .Os puntos azuis son focos de terremotos de baixa magnitude, relacionados coa erupción.Como vedes, Eyjafjöll está baixo un pequeno casquete glaciar, o Eijaffjallajökull.
Os Islandeses están contentos porque esta erupción pode dar ao país un empurrón para saír da súa fonda crise económica; de feito xa está atraendo a numerosos turistas nacionais e estranxeiros ávidos deste espectáculo da natureza. Ainda así, segundo os xeofísicos da Oficina Islandesa de Meteoroloxía, semella que a erupción xa está a rematar. ...Pero coidado, os científicos, baseándose en datos históricos, din que días ou meses despós da erupción de Eyjafjöll o veciño volcán Katla tamén desperta . Katla- un volcán moito máis grande localizado debaixo do glaciar Myrdalsjökull- está considerado un dos máis perigosos de Islandia e a súa erupción podería causar temibles jökulhlaup, inundacións catastróficas que afectarían a unha área moi ampla do país.


viernes, 16 de abril de 2010

Erupción en Islandia


O pasado 20 de marzo, entrou en erupción un volcán situado baixo o glaciar Eyjafjallajokull , no sur de Islandia, obrigando a evacuar a varios centos de persoas que vivían en granxas cercanas, e a declarar o extado de emerxencia en todo o país. O maior perigo destas erupcións subglaciares son as "Jökullhaup" , un fenómeno segundo o cal a lava a alta temperatura provoca a fusión do xeo , xenerando inundacións . Estas correntes de auga, bloques de xeo e fragmentos de lava solidificada baixan rápidamente a favor da pendente, destruindo estradas e pontes. Cando chegan ás zonas periféricas espallan os seus detritos formando os "sandur".
O volcán que agora entrou en actividade non o facía dende 1823 . O Eyjafjöll é un estratovolcán de basalto e andesita cunha caldeira de 2,5 km de diámetro, localizado moi perto do volcán Katla, na rexión máis activa de Islandia.
Nestes momentos a erupción parece que entrou nunha fase máis violenta, formando unha enorme columna eruptiva de gases e finas partículas de vidro volcánico que os ventos están a empurrar cara a Europa continental . Pola súa altitude, semella que a nube non vai producir efectos negativos na saúde, pero sí que está a causar a interrupción do tráfico aéreo, e o conseguinte caos de viaxeiros "abandoados" nos principais aeroportos europeos.
Non sabemos cando vai acabar a erupción, pero de prolongarse, podería ter efectos no clima. Cales poden ser os efectos climáticos das erupcións volcánicas? Son efectos locais ou poden ser globais? Preme aquí para averigualo.

miércoles, 7 de abril de 2010

Criaturas extraordinarias


Remarkable creatures (criaturas extraordinarias) é o novo libro de Tracy Chevalier, que acaba de publicarse en castelán co título Las huellas de la vida. Mesturando realidade e ficción, a autora conta a historia da amizade entre Elizabeth Philpot e Mary Anning, dúas mulleres de principios do século XIX unidas pola súa común afección aos fósiles. Xuntas percorrían as praias e acantilados calcarios da localidade de Lyme Regis, no sur de Inglaterra, recollendo amonitas, belemnitas, crinoideas e ata algún que outro esqueleto de plesiosauro, entre outros testigos da fauna mesozoica. As criaturas extraordinarias non son tanto os fósiles como as dúas protagonistas, que tiveron o valor de enfrentarse aos moitos prexuizos da época, como as crenzas relixiosas o papel das mulleres na sociedade ou as relacións entre persoas pertencentes a clases sociais diferentes.
O relato resulta moi ameno e , na miña opinión, moi ben documentado dende o punto de vista da historia da ciencia, especialmente no que se refire ás diferentes interpretacións sobre a natureza dos fósiles. Unha lectura moi recomendábel.

lunes, 22 de marzo de 2010

Paleoxeografía


Reconstruir a configuración dos continentes e océanos antigos é unha tarefa complexa. Require analizar e interpretar un sinfín de datos, que ás veces son fragmentarios e non están totalmente claros. Pero iso non é desculpa para non poñerse mans a obra. Premede na seguinte ligazón, para ver a multipremiada web de Chris Scotese. Un magnífico traballo, sen dúbida.

viernes, 19 de marzo de 2010

Impacto dun gran asteroide

Deixovos un video que atopei sobre as desastrosas consecuencias do impacto dun gran asteroide contra a Terra.
Aínda que xa cambiamos de tema na clase, penso que pode resultar interesante coñecer o que podería ocorrer no futuro.

miércoles, 17 de marzo de 2010

Supercontinentes

A maioría dos estudantes de secundaria coñecedes a Teoría da Deriva Continental, formulada a principios do século XX por Alfred Wegener. Segundo esta teoría, avalada por abrumadoras probas no rexistro xeolóxico, todas as masas continentais da actualidade xuntáronse nun único supercontinente hai uns 300 millóns de anos. Este supercontinente foi bautizado co nome de Panxea (toda a terra), e ao único gran océano que o bañaba déuselle o nome de Panthalassa(todo o mar).
Logo, no transcurso dos últimos 200 millóns de anos , Panxea foi disgregándose ; deste proceso naceron novos océanos , como o Atlántico ou o Índico, e conformáronse os continentes tal como están na actualidade.
Pero... foi Panxea o único supercontinente que existiu ao longo de toda a historia do noso planeta?. Se Panxea se formou a partir da colisión das masas continentais anteriores e despois volveu romper, non podería ter sucedido o mesmo máis dunha vez?. Pois semella que sí. Ao parecer os continentes executan constantemente unha danza na que se xuntan, sepáranse de novo, e vólvense xuntar unha e outra vez. Esta danza xeolóxica recibe o nome de "Ciclo do Supercontinente" ou "Ciclo de Wilson".
Rodinia, Nena, Pannotia, Ur, Gondwana, Columbia, Vaalbará, Kenorland... Estas sonoras verbas son nomes de supercontinentes antigos . Pero os continentes non paran, e os xeólogos tampouco; xa están a inventar nomes para os posibles supercontinentes do futuro : Panxea última, Novopanxea, Amasia...

lunes, 22 de febrero de 2010

Terremoto de Haití


O ainda recente terremoto que afectou a Haití , considerado como unha das maiores catástrofes naturais da historia, lévanos a reflexionar sobre o dinamismo do noso planeta e como ese dinamismo nos afecta. É inevitable un terremoto como este?, son inevitables as súas consecuencias?
Preme na seguinte ligazón, le o artigo completo e contesta ás seguintes cuestións: que factores contribuiron a elevar o número de víctimas en Haití? podemos modificar algún deses factores? Como?

jueves, 11 de febrero de 2010

lunes, 8 de febrero de 2010

Rastro dunha colisión no cinto de asteroides


O pasado día 2 de febreiro soubemos que o telescopio Hubble captou esta imaxe. Nela apréciase un curioso regueiro de materiais que se interpreta como os restos dunha colisión entre dous asteroides. Xulgade vós mesmos...
A noticia completa tal como se publicou no xornal El País.

A fotografía foi tomada da mesma edición de El País

lunes, 25 de enero de 2010

Impactos



Impactos de asteroides, de cometas... Tiveron un importante papel na xénese dos planetas rochosos e dos seus satélites. Na Terra é posible que fosen un factor decisivo na evolución da vida, e mesmo da súa orixe. Foron os impactos cometarios os responsables de que a Terra teña tanta auga? , foron algúns dos corpos impactores os que trouxeron a vida á Terra dende outros mundos?, temos que estar preparados para un impacto catastrófico futuro?...
Podemos comezar buscando pegadas de impactos no noso planeta. Preme aquí para facer un "tour" na percura de cráteres por distintos continentes.