lunes, 26 de octubre de 2009

Un fito na historia da humanidade


O 21 de xullo de 1969 o astronauta norteamericano Neil Amstrong pisou o chan da Lúa. Foi a primeira vez que un ser humano puxo o seu pé nun mundo distinto á Terra. Corenta anos despois lembramos a fazaña da misión Apollo 11 ,e aínda que posteriormente houbo outras misións tripuladas, case ninguén fala delas. Premede aquí para ver unha reportaxe animada da misión.

1 comentario:

  1. Pareceume unha reportaxe moi interesante, moi completa en canto material multimedia como o texto que acompaña ás imaxes, breve e conciso. Pódeme resultar útil para o traballo.

    ResponderEliminar