lunes, 5 de octubre de 2009

Benvida


Este blogue nace hoxe para que os alumnos da materia de Xeoloxía do IES Auga da Laxe fagades as vosas colaboracións. Animádevos a escribir e publicar os vosos traballos!
E para empezar , poñédevos os anteollos de xeólogo e fixádevos na foto...
Que é o que vedes? Hai algo que vos chame a atención?
Contestade nos comentarios!

1 comentario:

  1. Ó ver a foto o primeiro que me chama moito a atención é a disposición rochosa. Normalmente acustumo a ver paisaxes, tanto na televisión coma no día a día, que posúen rochas colocadas de maneira horizontal, mentres que na fotografía están, no primeiro plano, en vertical e parecen formar laminiñas que poderían estar causadas polas presións que sofren antes de aflorar cara a superficie. Eu diría que son rochas de tipo metamórficas, porque creo recordar que os paixases con sedimentarias terían auga para transportalos sedimentos e para os magmáticos necesitaríase o magma dos volcáns, ademáis é unha característica propia das metamórficas as presións xa mencionadas anteriormente.
    Esta é a miña opinión.

    ResponderEliminar