domingo, 22 de mayo de 2011

Grimsvötn desperta




Pode que ninguén se lembre , pero só uns meses despois da erupción do Eijafjöll - en marzo de 2010- e cando este último volcán xa estaba tranquilo, os vulcanólogos islandeses informaron de signos dun próximo despertar do seu veciño Grimsvötn, aclarando, iso sí, que non se esperaba que sucedera inmediatamente e que polo tanto o tráfico aéreo non sufriría outro colapso nas vacacións de Nadal. Pois ben, Grimsvötn non quixo deixar mal aos científicos e onte á tarde entrou en erupción. Ás 9 da noite xa se podía apreciar sobre o glaciar unha columna eruptiva de cinsas e gas duns 20 km de altura. Polo de agora, os expertos descartan que a nube afecte ao tráfico aéreo, pero non podemos evitar acordarnos do que aconteceu o ano pasado .
Grimsvötn é o máis inquedo dos volcáns islandeses. Situado baixo o Vatnajökull (que é o maior casquete de xeo da illa) este volcán levaba inactivo dende o ano 2004 .
As erupcións subglaciais provocan a fusión dun gran volume de xeo , dando lugar a enormes riadas que en Islandia coñecen como jökulhaup. Xa veremos se desta hai jökulhaup ou non, pero a cousa promete... estaremos atentos!
Información sobre os volcáns de Islandia
Historial eruptivo de Grimsvötn

No hay comentarios:

Publicar un comentario