Reconstruir a configuración dos continentes e océanos antigos é unha tarefa complexa. Require analizar e interpretar un sinfín de datos, que ás veces son fragmentarios e non están totalmente claros. Pero iso non é desculpa para non poñerse mans a obra. Premede na seguinte ligazón, para ver a multipremiada web de Chris Scotese. Un magnífico traballo, sen dúbida.
lunes, 22 de marzo de 2010
Paleoxeografía
Reconstruir a configuración dos continentes e océanos antigos é unha tarefa complexa. Require analizar e interpretar un sinfín de datos, que ás veces son fragmentarios e non están totalmente claros. Pero iso non é desculpa para non poñerse mans a obra. Premede na seguinte ligazón, para ver a multipremiada web de Chris Scotese. Un magnífico traballo, sen dúbida.
Etiquetas:
Deriva continental,
Paleoxeografía,
Supercontinentes
viernes, 19 de marzo de 2010
Impacto dun gran asteroide
Deixovos un video que atopei sobre as desastrosas consecuencias do impacto dun gran asteroide contra a Terra.
Aínda que xa cambiamos de tema na clase, penso que pode resultar interesante coñecer o que podería ocorrer no futuro.

miércoles, 17 de marzo de 2010
Supercontinentes
A maioría dos estudantes de secundaria coñecedes a Teoría da Deriva Continental, formulada a principios do século XX por Alfred Wegener. Segundo esta teoría, avalada por abrumadoras probas no rexistro xeolóxico, todas as masas continentais da actualidade xuntáronse nun único supercontinente hai uns 300 millóns de anos. Este supercontinente foi bautizado co nome de Panxea (toda a terra), e ao único gran océano que o bañaba déuselle o nome de Panthalassa(todo o mar).
Logo, no transcurso dos últimos 200 millóns de anos , Panxea foi disgregándose ; deste proceso naceron novos océanos , como o Atlántico ou o Índico, e conformáronse os continentes tal como están na actualidade.
Pero... foi Panxea o único supercontinente que existiu ao longo de toda a historia do noso planeta?. Se Panxea se formou a partir da colisión das masas continentais anteriores e despois volveu romper, non podería ter sucedido o mesmo máis dunha vez?. Pois semella que sí. Ao parecer os continentes executan constantemente unha danza na que se xuntan, sepáranse de novo, e vólvense xuntar unha e outra vez. Esta danza xeolóxica recibe o nome de "Ciclo do Supercontinente" ou "Ciclo de Wilson".
Rodinia, Nena, Pannotia, Ur, Gondwana, Columbia, Vaalbará, Kenorland... Estas sonoras verbas son nomes de supercontinentes antigos . Pero os continentes non paran, e os xeólogos tampouco; xa están a inventar nomes para os posibles supercontinentes do futuro : Panxea última, Novopanxea, Amasia...

lunes, 22 de febrero de 2010
Terremoto de Haití
O ainda recente terremoto que afectou a Haití , considerado como unha das maiores catástrofes naturais da historia, lévanos a reflexionar sobre o dinamismo do noso planeta e como ese dinamismo nos afecta. É inevitable un terremoto como este?, son inevitables as súas consecuencias?
Preme na seguinte ligazón, le o artigo completo e contesta ás seguintes cuestións: que factores contribuiron a elevar o número de víctimas en Haití? podemos modificar algún deses factores? Como?
jueves, 11 de febrero de 2010
lunes, 8 de febrero de 2010
Rastro dunha colisión no cinto de asteroides
O pasado día 2 de febreiro soubemos que o telescopio Hubble captou esta imaxe. Nela apréciase un curioso regueiro de materiais que se interpreta como os restos dunha colisión entre dous asteroides. Xulgade vós mesmos...
A noticia completa tal como se publicou no xornal El País.
A fotografía foi tomada da mesma edición de El País
lunes, 1 de febrero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)