miércoles, 7 de octubre de 2009

James Lovelock en Compostela

Onte tiven a sorte de asistir a conferencia "Cambio climático nun planeta vivente", impartida polo pai da teoría "Gaia" en Santiago de Compostela. Antes da charla foille entregado o Premio Fonseca, galardón que recoñece os seus méritos como comunicador da Ciencia. Despois de escoitalo teño aínda máis claro que, se queremos ter un futuro é imprescindible que todos os cidadáns coñezamos como funciona o planeta .
Que tal se buscades algo sobre a súa biografía e sobre a teoría Gaia?
Déixovos aquí e aquí as referencias á visita deste ilustre científico que publican algúns xornais. Fixádevos tamén nas diferencias enre ambas reportaxes... que aspectos recalca cada unha?

1 comentario:

  1. Atopei algúns datos biográficos de James Lovelock e a súa teoría de Gaia que seguro que vos interesan:

    Naceu en 1919 en Hertfordshire.É un científico independente, meteorólogo, escritor, inventor e ambientalista, que promove un uso pacífico da enerxía nuclear e que é famoso pola hipótese Gaia. O seu invento, o detector de captura de electróns, permitiu detectar compoñentes tóxicos en rexións tan remotas coma a Antártida.

    A hipótese de Gaia postula que a vida fomenta e mantén unhas condicións adecuadas para se mesma, afectando ó entorno. Segundo esta hipótese ,Gaia (denominada así pola deusa grega da Terra) comportaríase coma un sistema auto-regulador (que tende ó equilibrio).

    Nestas dúas páxinas tamén hai información de Lovelock e a súa teoría:
    http://www.espinoso.org/biblioteca/HipotesisGaia.htm

    www.jameslovelock.org

    ................................................
    Tras ler as reportaxes decateime de que no xornal "El País" da a sensación de que o cambio climático é unicamente debido a acción do home, da súa contaminación e de que é demasiado tarde, de que non hai esperanza xa. En cambio, "La voz de Galicia" presenta unha pequena entrevista na que enténdese que a Terra é xa moi vella, duns 90 anos e de que non é o home o culpable desta situación.Afirma que aínda que non sabemos moi ben como, pode frearse "a matanza de Gaia".

    ResponderEliminar